Sete asociacións e seis concellos, entre os que está o Concello da Baña, organizan unha serie de camiñadas para dar a coñecer e promocionar a variante do Camiño de Santiago cara a Muxía por Brandomil. Os peregrinos percorrerán o trazado desta vía posxacobea en catro etapas, os domingos 20 e 27 de maio e 3 e 10 de xuño. 

Para participar é preciso inscribirse previamente en calquera dos seis concellos promotores: A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Zas, Vimianzo e Muxía. Cada municipio oferta un total de 50 prazas e, de non cubrirse a totalidade das mesmas, poderán anotarse tamén persoas doutros concellos. A inscrición ten un custe de 10 euros por etapa, que inclúe desprazamento, seguro, bocadillo, froita e auga.

Esta iniciativa enmárcase na campaña para recuperar o trazado do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil e reivindicar o recoñecemento oficial do mesmo. Promóvena os concellos polos que discorre a Ruta e as asociacións culturais Lumieira, da Baña; Os Trotasendas e San Luis da Pereira, de Santa Comba; Grandimirum de Brandomil, Zas; San Cosme de Antes, de Mazaricos; e Baíñas no Camiño e Berdoias, de Vimianzo.

Como inscribirse

Para participar nesta andaina é necesario anotarse e aboar 10 euros por cada etapa.

O Concello da Baña ten habilitadas dúas contas bancarias nas que se pode facer o ingreso. O procedemento é o seguinte:

- Ingresar 10 euros por etapa nunha destas dúas contas:

       -Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
       -Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061

- No xustificante do ingreso debe figurar o NOME E APELIDOS da persoa que participará na camiñada. No concepto do ingreso hai que especificar tamén o número ou números das etapas que se farán. Por exemplo: “Etapa 1 Camiño Santiago a Muxía”, “Etapa 1-2-3-4 Camiño Santiago a Muxía”.

- Enviar unha copia ou foto do xustificante de ingreso:

        -Por correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
        -Por WhatsApp ao número 607 584700