20191111 A Baña NegroA poucos días da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o Concello da Baña formaliza a súa adhesión á campaña ‘En negro pola violencia de xénero’, despois de acordalo de forma unánime no Pleno ordinario celebrado o 25 de setembro, e anima a todas as entidades do municipio a que sigan os seus pasos.

Deste xeito, todos os organismos e institucións da Baña que queiran sumarse á esta acción colectiva poderán facelo a través da páxina web https://ennegrocontraasviolencias.gal/, onde se atopa toda a información relacionada coa iniciativa.

‘En negro pola violencia de xénero’ é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia.

Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa. Calquera pode participar tinguindo o seu lugar de traballo de negro, realizando obradoiros e charlas que lles dean voz ás mulleres e que sensibilicen contra as violencias machistas.

Os concellos, empresas e asociacións que se adhiran deberán ter un compromiso político e técnico para espallar a acción e mobilizar a poboación e os axentes sociais e económicos para tinguir de negro as vilas e cidades galegas. Para elo deberán asinar un documento de Adhesión á campaña “en negro contra as violencias”, para personalizar a marca de En Negro co nome da súa empresa.

20191031 Cartel curso poda fbA Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deportes da Baña organiza un curso de poda destinado á veciñanza do municipio e da comarca. O local social e da terceira idade do Concello da Baña acollerá os sábados de 10.00 a 12.30 horas esta actividade formativa que contará con dous módulos e terá un custo de 48 euros.

O primeiro módulo impartirá coñecementos sobre poda e enxertos de froiteiras, mentres que o segundo aprenderá as persoas participantes a tratar enfermidades e pragas das froiteiras e da horta. Ambos os dous terán unha duración de 10 horas. As prazas son limitadas, polo que as persoas empadroadas no Concello da Baña terán preferencia á hora de formar grupo.

A inscrición farase chamando ao 615 401 264 (Jesús). Calquera consulta, ou dúbida, resolverase tamén a través deste número de teléfono.

20191017 Aviso TDT AlcaldeO Concello da Baña informa de que a cobertura da televisión dixital terrestre (TDT) pode verse afectada polas redes 4G das operadoras de telefonía móbil que ocasionan cortes no sinal.

Para resolver estas perturbacións na recepción do sinal, pódese solicitar a instalación dun filtro na antena, sen custo ningún, chamando ao 900 833 999 de xeito gratuíto.

Estas incidencias, no 90% dos casos, soluciónanse coa instalación deste filtro, a non ser que a causa sexa doutro motivo.

20191017 foto Gañadora Concurso Fotografia fbO proxecto “A Baña Dixital” organizou un concurso de fotografía e vídeo dirixido a persoas de entre 14 e 30 anos, co fin de poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da Baña. Pasado o prazo de presentación de materiais e a posterior reunión dos membros do xurado profesional, a fotografía ‘As bailas do cruce’ fíxose co título de gañadora e co premio de 100 euros.

Javier Iglesias Ramos, Carme Pereiro e Eutropio Rodríguez foron os encargados de xulgar a multitude de imaxes e vídeos que se presentaron nesta primeira edición do concurso, mais fallaron de forma unánime que ‘As bailas do cruce’ tiña que ser a galardonada “porque fala do patrimonio material e inmaterial do municipio, ademais de contar unha historia”. Segundo estes tres expertos en fotografía, “é unha imaxe de grande sensibilidade e de dominio do medio fotográfico, pero sobre todo de moito interés conceptual e teórico lindando xa no campo da arte contemporánea”.

Por iso e pola posta en valor do patrimonio paisaxístico e industrial do Concello da Baña, Uxía, a autora da fotografía, recibirá un premio de 100 euros.

20191009 Cartel curso cociña fbO concello da Baña organiza un curso co fin de poñer en valor a gastronomía galega. “Cociñando saúde” levarase a cabo no local social do Barro a partir do 30 de outubro e terá unha duración total de 30 horas, repartidas en 4 horas semanais durante mércores alternos. A inscrición farase nas oficinas da casa consistorial e terá un custo de 30 euros.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 981 886 501.