imprimir
Categoría: Servizos sociais
Visitas: 309

20190926 Cartel Actividades MaioresO Concello da Baña organiza actividades de estimulación cognitiva e ximnasia de mantemento para maiores, as cales se levarán a cabo de luns a venres no local social da terceira idade e por parroquias. A inscrición pode facerse presencialmente na Concellaría de Política Social ou chamando ao 981 886 501.

No caso do local social e da terceira idade da Baña, as actividades realizaranse de 15.30 a 17.30 horas e de forma gratuíta. Os interesados en participar nas que se leven a cabo no resto de parroquias do municipio, terán que aboar 10 euros ao mes por 1 actividade e 15 euros por dúas (os horarios aínda están por concretar). Tanto estimulación cognitiva, como ximnasia de mantemento serán de luns a venres e precisarase dun grupo mínimo de 8 persoas por clase para que se leve a cabo.

Para máis información e para formalizar as inscricións, os interesados deberán poñerse en contacto coa Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deporte a través do 981 886 501.