imprimir
Categoría: Servizos sociais
Visitas: 448

ANUNCIO DA ALCALDÍA SOBRE O PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA ANO 2010

D. José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña,

comunícalle a todas as familias con fillos e fillas que cursen 6º de primaria, 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º, 2º de bacharelato que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de Inmersión Lingüística no ano 2010.

Destinatarios: Alumnado de 6º de EP, 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega.

Requisitos: Non ser beneficiario dunha axuda no verán de 2008 ou 2009.

                        Nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira de 6.

                        Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 08/09.

Prazo de solicitude: ata o 12 de marzo

Información: www.edu.xunta.es/axudasle     

                        Consellería de Educación: 981 957 296

 981 957 537

 981 546 503

                        Centros educativos

                        Concello da Baña: 981 886 501 (educadora familiar)

A Baña, 24 de febreiro de 2010

O alcalde