• A veciñanza deberá pedir vez no teléfono 981 886 501 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • De ser precisa, a atención será individual, non durará máis de 15 minutos e mantendo os 2 metros de distancia entre persoas

Coronavirus Baña medidas copia

O Concello da Baña vai fomentar a atención á veciñanza por medios telemáticos ou telefónicos na medida do posible, para cumprir coa nova normativa motivada pola COVID-19, sen prexuízo daquelas oficinas de servizos de carácter esencial.

Nun bando asinado hoxe polo alcalde, José Antonio Pereira informa de que dende o Concello se vai organizar un servizo de cita previa para atender aquelas persoas que teñan que acudir ás dependencias municipais. Antes de achegarse, a persoa interesada deberá chamar por teléfono, ao 981 886 501, ou enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., para solicitar día e hora. Con esta medida quérense evitar aglomeracións tanto na entrada como no interior das dependencias municipais.

As citas asignaranse coa frecuencia precisa para que estean o menor número posible de persoas nas oficinas. En todo caso, esta atención realizarase de xeito individual, e sempre mantendo unha distancia mínima de 2 metros coas demais persoas que se atopen nas dependencias, sexan veciños ou persoal do concello. O tempo de permanencia no interior das oficinas deberá ser inferior a 15 minutos.

Esta medida tómase para evitar a propagación do coronavirus entre a poboación e para cumprir coa normativa en vigor. O alcalde agarda que a veciñanza da Baña comprenda estas limitacións e siga colaborando como o veu facendo ata o de agora, respectando as recomendacións das autoridades sanitarias.