Clases

 de

Gaita

Comezo: 18 de outubro

Horario: venres, de 20.00 a 21.00 horas

Lugar: Local Social da Baña

Prezo da matricula: 30 /ano

Inscrición:Concellaría de Cultura

Teléfonos: 981 886 501 – 607 151 889

Ficheiros: 

Gaita_2013.pdf

Ficha_gaita.pdf

Duración do curso:2 meses do 21/10/2013 ao 18/12/2013

Horario: os luns e os mércores de 17.00 a 19.00 horas

Prezo:40 €/mes

Destinatarios/as:todas as idades cun grupo mínimo de 13 persoas

Inscrición einformación:na Concellaría de Cultura antes do 15/10/2013, ou nos teléfonos 981 886 501e607 151 889

Ficheiros: 

Curso_de_costura.pdf

VIAXE CULTURAL 2013

 

Datas: do 17 ao 20 de outubro

Visitando: Viseu, Ciudad Rodrigo, Peña de Francia, Alberca, Miranda del Castañar, Salamanca, Zamora e Puebla de Sanabria

Saída: o día 17 de outubro, ás 7.00 horas desde a Praza do Concello

Prezo por persoa: 250 €

 

O prezo inclúe: viaxe en autocar, pensión completa, comidas en ruta, seguro de viaxe e guía acompañante

 

Destinatarios/as: maiores de 18 anos

Inscrición e información: na Concellaría de Cultura do 30 de setembro ao 11 de outubro, ou nos teléfonos 981 886 501 ou 607 151 889

Ficheiros: 

Viaxe_Cultural_2013.pdf

As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 5 de novembro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar o libro O gardián invisible de Dolores Redondo e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.

Autora: Dolores Redondo
Título: O gardián invisible
Data de lectura:

outubro de 2013

Comentario:

“Dolores Redondo Meira, unha autora vasca de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras.

A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado.

Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.”

(Edicións Xerais de Galicia)

Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 1 de outubro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar os librosTonas de Laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Non quero ser Doris Day de Inma López Silva e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.

Autores: María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón
Título: Tonas de laranxa
Data de lectura:

setembro de 2013

Comentarios:

Tonas de laranxa, a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un “acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora”. Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo.

A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amara e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   
Autora: Inma López Silva
Título: Non quero ser Doris Day
Data de lectura:  setembro de 2013
Comentarios:

Unha muller foxe a París buscando refuxio sentimental para superar un desengano amoroso e inspiración para escribir a gran novela da literatura galega. Esta historia persoal mestúrase cunha trama relacionada co roubo duns cadros.

Esta novela foi concibida para presentarse a un certame de novela por entregas no que resultou finalista. Son capítulos breves nos que a protagonista vai desvelando a súa peripecia parisiense a través de cartas que lles escribe ás súas amigas.

   

Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).