A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Política Lingüística están a organizar Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Cada participante poderá participar con dúas mensaxes (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

  • PlayStation 4 500 XB
  • Mesa de mesturas de dj
  • MP3 acuático

Categoría B (de 20 a 35 anos):

  • Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
  • GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
  • MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas

O prazo para enviar as mensaxes remata o vindeiro domingo 23 de febreiro. Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación.

Máis información sobre o concurso Lingua de namorar:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html

http://www.xunta.es/linguagalega/lingua_de_namorar_2014

Os centros educativos da comarca de Barcala comezaron o ano con enerxía participando en Radio Negreira no programa radiofónico escolar Barcala educativa na onda. Ata o momento, xa se animou varias veces o IES Xulián Magariños, que vai repetir a experiencia o próximo 24 de febreiro ás 13.00 h con motivo de conmemorar o Día de Rosalía de Castro recitando poemas da poetisa. A EEI de Aro intervirá individualmente o 26 de febreiro ás 13.00 h e en colaboración coa EEI de Lañas o 28 de marzo. E proximamente incorporaranse á actividade o CPI San Vicente e o CEIP O Coto.

Cada centro participante pode organizar con total liberdade o seu espazo de radio. O alumnado escolle a temática, a música…; elabora os guións, as entrevistas… e o profesorado coordina e dirixe o seu traballo. Ten a posibilidade de realizar as gravacións nas instalacións do centro ou nas de Radio Negreira; case todos prefiren acercarse pola emisora para así vivir persoalmente a experiencia dunha hora de radio in situ.

A actividade naceu da man do Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira e de Radio Negreira e supón unha boa oportunidade para que a comunidade educativa dispoña dun pequeno espazo divulgativo en galego das súas expectativas, que lle permita, ao mesmo tempo, aproximarse ao mundo da radio e estimular a comunicación e a creatividade do seu alumnado.

Tamén xogan un papel moi importante as familias e persoas achegadas do alumnado que poden aproximarse ao seu mundo educativo escoitando Barcala educativa na onda ao sintonizar Radio Negreira na frecuencia 107.0 de FM.

 Ficheiros: 

Reis_2014.pdf

Todas as persoas interesadas en participar nun curso preparatorio Celga 4 de lingua galega xa poden preinscribirse.

Prazo: ata o 21 de febreiro

Lugar: na casa do concello ou nos teléfonos 981 886 501 ou 607 153 604

Acuario, a actividade de dinamización lingüística do programa Falaredes da Rede de Dinamización Lingüística, chega á Baña o 27 de decembro, ás 12.00 h, nas escolas vellas de San Vicenzo.

Esta actividade de teatro que poñerá en escena Teatro dos Ghazafellos está baseada no libro de poemas Acuario de María Canosa que tamén participará na actuación.

Nesta ocasión, as familias da contorna teñen a oportunidade de achegarse á poesía, á música, ao teatro de monicreques e á riqueza biolóxica do noso litoral.

Ficheiros: 

acuario.pdf