Benqueridos/as pais/nais, titores/as e/ou usuarios/as das actividades das Escolas Deportivas,

Informamos de que, dende o día 8 ao 15 de marzo (ambos os dous inclusive), se suspenden as actividades deportivas, por motivo das tarefas para a preparación da Festa da Filloa.

Estas clases serán recuperadas ao final de curso.

Reciban un cordial saúdo,

 

 

 

Manuel Tourís Fernández

Concelleiro de Xuventude e Deportes

A Baña, 3 de marzo de 2016

Chega á Baña unha nova actividade de FalaRedes; Santi Prego será o encargado de levar adiante un contacontos para público de calquera idade, ás 20.00 horas, no centro social do Concello da Baña. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Esta actividade ten como obxectivos principais incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega e espallar o traballo dos artistas que realizan as súas actividades en galego.

O Concello da Baña vai a poñer a disposición dos/as veciños/as do Concello da Baña un servizo técnico para facilitar información sobre a notificación recibida polos/as interesados/as, tanto no relativo aos datos catastrales como aos tributarios, facilitando para a presentación das reclamacións, impresos adecuados por parte da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia, para a súa correspondente tramitación e resolución.

DESTINATARIOS/AS: Veciños/as que recibirán a notificación de catastro

DÍAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO TÉCNICO: 15, 16, 17, 18 e 19 de febreiro

HORARIO: 9.00 a 15.00 horas

LUGAR: Centro Social e da Terceira. Planta baixa

Ficheiros: 

Pandeireta_01.pdf

FICHA_DE_INSCRICION_PANDEIRETA.pdf