Aprende a estudar. Saca o máximo rendemento con menos esforzo nos estudos.

Os sábados ás 10 da mañá na Casa da Cultura do Concello da Baña.

Apúntate nos teléfonos 981 886 501 ou 981 888 668.

CONCURSO FOTOGRÁFICO A BAÑA EN IMAXES

Haberá tres categorías:

1. A mellor paisaxe.

2. O Entroido.

3. Como ves A Baña?. Esta foto ten que ir acompañada dun pé de foto que tamén se vai  valorar.

As fotografías entregaranse nos locais sociais onde se fan as actividades das parroquias, ou no Concello da Baña antes do martes, 23 de febreiro.

A fotografía gañadora publicarase na páxina web do concello e na revista.

BASES DO SORTEO DAS CARTAS AOS REIS MAGOS

O Concello da Baña, con motivo do Nadal, vai sortear nove libros escritos en galego entre os/as nenos/as do concello.

O sorteo rexerase polas seguintes bases:

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que non superen os 12 anos.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escribir unha carta e depositala, antes do 6 de xaneiro de 2010, na caixa do correo dos Reis Magos que para tal fin foi depositada polo carteiro real na entrada do concello.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán utilizar o modelo de carta publicado na páxina webwww.concellodeabana.es e que tamén está á súa disposición na casa do concello e nas escolas.

CUARTA. As cartas deberán estar escritas en galego.

QUINTA. Non haberá un límite máximo nin mínimo para a extensión das cartas.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as cartas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As cartas serán escollidas ao chou de entre todas as depositadas na caixa que para tal fin se acha no concello.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de nove libros que se distribuirán en tres categorías:

  • Categoría A para nenos de 0-5 anos
  • Categoría B para nenos de 6-9 anos
  • Categoría C para nenos de 10-12 anos

NOVENA. Extraeranse cartas ao azar ata acadar tres nenos/as por cada categoría.

DÉCIMA. O sorteo será público e realizarase o día 11 de xaneiro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.

UNDÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.

DUODÉCIMA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.

A Baña, 18 de decembro de 2009

O alcalde

José Andrés García Cardeso

Campaña de recollida de donativos para axudar os damnificados do terremoto de Haití.

Puntos de recollida:

- Concello da Baña

- Centro de Saúde da Baña

- Centro Social e da Terceira Idade

- Farmacia Gesto

- Farmacia Antelo

COLABOREMOS TODOS/AS

PRECISAN DA NOSA AXUDA

AXÚDAOS

ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA

CURSOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vaille solicitar un curso de lingua galega (CELGA) á Secretaría Xeral de Política Lingüística para persoas adultas.

Inscrición

Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse no teléfono do Concello 981 886 501 no SNL ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 15 de febreiro en horario de oficina.

Admisión e prazas

O curso ten un límite de 35 prazas.

As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.

A listaxe de persoas admitidas e excluídas poderán consultala a partir do 15 de febreiro no taboleiro de anuncios do Concello ou na páxina web www.concellodeabana.es .

A Baña, 14 de decembro de 2009

O alcalde

José Andrés García Cardeso