O día 21 de marzo, no Pavillón Polideportivo da Baña, paralelamente a VII FESTA DA FILLOA DA PEDRA, terá lugar o VI CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA. Ver bases.

Ficheiros: 

Microsoft_Word_-_BASES_CERTAME.pdf

ESTE ANO O PROTAGONISMO SERÁ PARA O ESPECTÁCULO DE 5O PEDRAS DAS FILLOAS TRABALLANDO SIMULTANEAMENTE. ADEMAIS, TAMÉN COMO NOVIDADE, TEREMOS A TAPERÍA DA FILLOA.  O PREGÓN ESTARÁ A CARGO DE TOMÁS ALONSO, DO PROGRAMA LARPEIROS, DA TVG, E CONTAREMOS COAS ACTUACIÓNS DO GRUPO DE GAITAS "OS CAMPANTES" DA BAÑA, A "CHARANGA MEKÁNICA" E A ORQUESTRA "SINTONÍA DE VIGO".

O SNL do Concello da Baña solicitoulle un curso CELGA 4 á Secretaria Xeral de Política Lingüística e envioulle a listaxe de persoas preinscritas por orde de inscrición.

A listaxe está composta por persoas que se anotaron no Concello da Baña e no Concello de Negreira. Aquelas persoas que se inscribiron no Celga 3 irán incluídas na listaxe do Concello de Negreira.

O curso realizarase na aula de cantaría das Escolas Vellas en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a xoves sempre e cando a Secretaría Xeral o conceda.

Ficheiros: 

LISTAXE_DE_PERSOAS_PREINSCRITAS_NO_CURSO_CELGA_4_2010.pdf

 Educación Familiar do Concello da Baña ofrécelles aos nenos e nenas menores de 3 anos e ás súas familias a oportunidade de compartir un espazo lúdico e de convivencia na Casa de Cultura da Baña en horario de 16.30 a 18.00 h.

Hoxe, venres 5, presentarase oficialmente a mascota da actividade á que os nenos e nenas lle terán que por un nome. Ademais, as familias decidirán os temas que se van tratar nas vindeiras sesións así como os profesionais que lles interesaría que participasen.

Ficheiros: 

Os_venres_para_os_m_E1is.pdf

 

RESULTADO DE DECLÁRATE CUNHA METÁFORA

O alumnado do CPI San Vicente participou na actividade Declárate cunha metáfora que propuxo o SNL do Concello da Baña e escolleu as tres mellores declaracións.

Estas son as propostas do alumnado de secundaria do CPI San Vicente que tamén aparecen na páxina web do colexio:

Metáforas 4 ESO

Os teus beizos semellan froita no verán ( Silvia)

Cada parte do meu pensamento é teu ( Alicia)

Miña doce cadea que me ata á vida ( Diana)

Miña insaciable ansiedade ( Adriana)

Es o alimento do meu amor ( Julio)

Es o escudo que me protexe ( Sergio)

Es a inspiración nos malos momentos ( Samantha)

Cando estou contigo quixera parar o tempo (Desiree)

Os teu ollos son 2 ríos que rematan no meu corazón (Laura)

A miña vida empeza en ti ( Leti)

Cada minuto que paso contigo é unha nova vida (Martín)

O teu sorriso é o faro que aluma a miña vida (Alex)

Es unha flor en inverno ( Alfonso)

Cando miro para o ceo véxote entre as estrelas ( Daniel)

Es o abrigo que me cobre (Noelia)

Metáforas 3º ESO

·         Lingua e literatura galega

Toda a vida intentando chegar á perfección sen saber que chegaría xunto a ti ( Lidia)

A túa risa ilumina a miña vida ( Lorena)

Latexa o meu corazón porque ti es a miña inspiración ( Noel)

O teu sorriso de diamantes cambia o mundo ( Lucía)

Es o amencer dos meus novos días ( Sheila)

Es a candea que me alumea ( Daniela)

O teu olor acende o meu motor ( Dunia)

Aínda que sexas estrela distante nada me impedirá amarte ( Sharon)

O teu corpo sensible é o meu mundo ( Diego)

O teu corpo esvelto foi esculpido por un gran artista ( Alejandro)

As túas mans son xarróns de cristal ( Adrián)

Es o meu chocolate con churros ( Andrea)

Es tan fermosa como a rosa preciosa ( David)

Metáforas 2º ESO

·         Lingua e literatura galega

O teu sorriso é un colar de diamantes (Marcos)

Os teus ollos son luceiros ( Noelia)

Ti es a luz que alumea a miña vida ( Gemma)

Mirarche aos ollos é mirar ás estrelas ( Victoria)

 Es as pilas do meu corazón ( Elier)

O teu sorriso é unha canción ( Adrián)

Sen ti non hai amencer ( Coraima)

As bágoas da túa cara son diamantes ( Ainhoa)

 A túa boca é un mundo exótico ( Alberto)

O teu sorriso cámbiame a vida ( Martín)

Es a luz que purifica o meu corazón ( Denís)

Es a luz que descobre os meus pecados ( Mario)

Os teus alegres ollos son a corrente do mar ( Kevin)

Es o sentido da miña vida (Fran)

Os teus cabelos louros brillan na auga da fonte ( Rubén)

Abríchesme a porta a un campo de rosas ( Carlos)

Sen ti non hai corazón ( Brais) 

Metáforas 1º A

·         Lingua e literatura galega

Os teus ollos son o mar que me perde cada día ( Celena)

Ti es a mecha que fai estoupar a dinamita do meu interior (Jorge)

Os teus abdominais son doce chocolate(Olalla)

Es a luz que me esperta polo día ( Roxi)

Es o osíxeno dos meus pulmóns ( Elías)

Es a luz que me ilumina ( Nuria)

Es a chispa que ilumina o meu corazón) Borja)

Os teus ollos son auga cristalina de lago azul ( Eros)

Os teus dentes son estrelas que brillan nos teus beizos( Lucía)

Meu peluxiño brandiño ( Eva)

Meu ferro inoxidable ( Xoel)

Es o xersei que me dá calor ( Iván)

METÁFORAS E UN ACRÓSTICO DE S. VALENTíN , 1º B

·         Lingua e literatura galega

Contigo as noites fanse día ( Fran Allo)

Aluméasme cos teus ollos ( Brais)

A túa amizade é doce ( José Manuel)

Nos teus ollos vese o mar ( Oscar)

Es loura coma o sol ( Carlos)

Tanto te quero que es todo ( Miguel)

    A túa amizade é doce

   Mírome nos teus ollos

   Ollo neles o mar

   Tanto te quero que es todo

   Es a metade que me escolle

Como consecuencia da votación entre todo o alumnado, resultaron seleccionadas as seguintes declaracións amorosas:

Toda a vida intentando chegar á perfección sen saber que chegaría xunto a ti (Lidia

Paramos) 3º ESO

Os teus ollos son o mar que me perde cada día (Celena Santana) 1º A  ESO

Cando miro para o ceo véxote entre as estrelas (Daniel Pais) 4º ESO

E dúas mencións de honra:

Contigo as miñas noites fanse día (Fran Allo) 1º B ESO

Abríchesme a porta a un campo de rosas (Carlos Paredes) 2º ESO .

Os nenos e as nenas agraciados/as deleitáronse coas súas piruletas en forma de corazón xigantes.