NOITE DE CINE 2010

- CREPÚSCULO.  En Fiopáns, o 14 de agosto ás 22:00 horas.

- VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA. En Corneira, o 28 de agosto ás 22:00 horas.

- PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II. En Cabanas, o 4 de setembro ás 22:00 horas.

- EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS. En San Vicenzo da Baña, o 10 de setembro ás 22:00 horas.

ORGANIZAN: Excma. Deputación Provincial da Coruña e Concello da Baña

                  

Enlaces:

www.noitedecine.es

AQUAGYM TERCEIRA IDADE

 

LUGAR: Piscina Municipal de San Vicente

DATAS: luns, mércores e xoves

HORARIO: de 17:15 a 18:00 horas

INSCRICIÓN: Centro Social e da Terceira Idade

DATA DE INICIO: luns, 9 de agosto de 2010

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: venres, 13 de agosto de 2010

 

Dende o 23 de xuño de 2010 permanecerá aberto o prazo para inscribirse nos CURSOS DE NATACIÓN.

APERTURA DA PISCINA: 28 de xuño

HORARIO:  de luns a domingo de 16:30 a 21:00 horas

CURSOS DE NATACIÓN: do 5 de xullo ao 6 de agosto

DIAS QUE SE IMPARTIRÁN OS CURSOS: luns, mércores e xoves

Prezos:

-       Abonado, por mes………….......................25 €(*)

-       Non abonado (sen límite de tempo/día)….....2 €

-       Curso de natación (inclúe transporte gratuíto xullo)/mes…..30 €(*)

            *As persoas interesadas farán o ingreso na conta do Concello da Baña en Caixa  Galicia.

             Núm. de conta: 2091-0326-67-3110000035

 

HORARIO DE AUTOBUSES (do 5 de xullo ao 6 de agosto, os luns, mércores e xoves)

1ª Quenda (de 11:00  a 11:45)

Saída de Vilar (Marcelle) ás 09:50, pasando por Outeiro, Choupana, Faxín, Reguengo, Ermida, Carballeira, A Riba, Trece, Vilar de Cima, Barreiros, Corneira, As Foxas, Couto, Carballo, Seoane, Cores, San Cibrán, Seilán e Nantón.

2ª Quenda (de 12:00  a 12:45)

Saída de Cantalarrana (Lañas) ás 10:45, pasando por Buchaín, Vilar da Torre, Vilar de Suso, Troitomil, Alde, Troitosende, Menlle, Lañas, Castro, Cabanas e Barro.

3ª Quenda (de 16:30 a 17:15)

Nenos/as de 6 a 9 anos (A Baña), natación para adultos e programa terapéutico.

4ª Quenda (de 17:15 a 18:00)

Nenos/as de 10 a 14 anos (A Baña).

Ficheiros: 

SKMBT_C36010062209570.pdf

CAMPAMENTO URBANO DEICA LOGO VERÁN

O Concello da Baña dentro das actividades do Programa de apertura de centros vai  realizar un campamento urbano para nenos e nenas a partir de 3 anos, no que tamén poderán participar as súas familias do día 30 de agosto ao 3 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 horas na área recreativa Agra de Chans.

O prazo de inscrición é do 31 de xullo ao 25 de agosto, no departamento de Servizos Sociais (educadora familiar) en horario de 9.00 a 14.00 horas.

É imprescindible para participar estar inscrito no campamento.

Todos/as os/as participantes deberán levar roupa e calzado cómodo, unha gorra, protección solar e a merenda.

 

Para máis información:

www.concellodeabana.es

ou no teléfono 981 886 501 (Patricia, educadora familiar)

 

Ficheiros: 

Autorizacion.pdf

Ficha_de_inscricion.pdf

Deica_logo_veran.pdf

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

Data: Sábado, 26 de xuño

Hora de saída: 9:00 horas

Lugar: Praza do Concello

Inscrición: Ata o 24 de xuño

Prezo:

- Menores de 16 anos: 10 euros

- Maiores de 16 anos: 15 euros

* O Prezo non inclúe a comida

Actividades:

- Travesía en Barco

- Ruta pola illa

- Tempo libre

Organiza: Concellaría de Cultura. Concello da Baña.

Ficheiros: 

Microsoft_Word_-_Illas_Cies.pdf