O persoal do Concello da Baña está asistindo ao curso Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez que comezou o 27 de setembro en horario de 13.00 a 15.00 h e que rematará o próximo día 30.

Este curso está incluído dentro da campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos! que oferta a Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística coa finalidade de potenciar actividades de promoción do idioma galego.

Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez pretende:

1.    Achegar algúns trucos para pasar a utilizar unha lingua galega máis correcta e fluída.

2.    Presentar un breve resumo das normas ortográficas e morfolóxicas do galego.

3.    Ofertar ferramentas de apoio.

DATAS :Do 20 ó 24 de Outubro.

VISITANDO :Aveiro, Figueira da Foz, Fátima, AlcobaÇa, Nazaré e Lisboa.

 SAÍDA :O día 20 de Outubro, ás 7 horas desde a Praza do Concello.

INSCRICIÓN :No Concello do 1 de outubro ó 15 de outubro.

PREZO POR PERSOA :275 €.

O prezo inclúe: Viaxe en autocar, pensión completa, comidas en ruta e seguro de viaxe.

REQUISITOS :

 -   Estar empadroado/a no Concello, polo menos un ano.

 -   Ser maior de 50 anos.

   -  Levar DNI e tarxeta sanitaria.

Os nenos e as nenas da Baña están a gozar do campamento urbano Deica logo verán na área recreativa Agra de Chans en horario de 10.00 a 13.30 h.

A rapazada está aproveitando estes días de lecer para, entre moitas outras actividades, aprender a xogar ao golf.

Este campamento urbano, que oferta a Concellaría de Educación dentro do Programa de apertura de centros, comezou o 30 de agosto e rematará o próximo 3 de setembro.

ACTIVIDADES FORMATIVAS DA AULA DE INFORMÁTICA

- INICIACIÓN A INTERNET

- PROCESADOR DE TEXTOS: WRITER

Apúntate na aula de infomática ou no teléfono 981 886 669 (de martes a venres de 16.30 a 20.30 horas ou sábados de 10.00 a 14.00 horas).

O curso realizarase en horario de tarde.

EXCURSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN

Data: sábado, 4 de setembro

Lugar saída: Praza do Concello

Inscrición: ata o 2 de setembro no Concello da Baña

Destinatarios/as: rapaces/as de 6 a 18 anos participantes nos CURSIÑOS DE NATACIÓN e no CAMPAMENTO DO CONCELLO

Prazas: limitadas

Máis información: no Concello da Baña ou no teléfono 981 886 501

ORGANIZA: Concellaría de Xuventude e Deportes