O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña, en colaboración co SNL do Concello de Rois, ofreceulles ao CPI San Vicente e á EEI de Lañas a unidade didáctica Xa veñen os Reis Magos! que inclúe dous modelos de cartas (unha para infantil e outra para primaria) para enviárllelas ás súas maxestades.

O SNL da Baña tamén mandou , xunto coa unidade didáctica, a guíaAgasallo. Propostas de regalos en galego que editou a Área de Normalización Lingüística da Deputación en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na que se propoñen arredor de 250 ideas de regalos en galego para o tempo de Nadal.

Para recoller as cartas dos nenos e das nenas, os Reis Magos teñen previsto enviar un dos seus paxes o 22 de xaneiro ás 12.30 h na EEI de Lañas e ás 13.30 no CPI San Vicente.

O paxe real conta con que os nenos e as nenas da Baña lle canten algunha panxoliña en galego tal como se propuxo na unidade didáctica e con que lle entreguen as súas cartas; a cambio o paxe outorgaralles uns caramelos como agasallo.

Ficheiros: 

Carta_aos_Reis_Magos__infantil_.pdf

Carta_aos_Reis_Magos__primaria_.pdf

O Concello da Baña, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística está a difundirAgasallo. Propostas de regalos en galego, unha guía editada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e na que se dan arredor de 250 ideas de regalos en galego para o tempo de Nadal.

Agasallo inclúe unha selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, aparellos electrónicos, fragrancias, camisolas, cinema, xogos, etc. E, aínda que necesariamente só poden estar algúns dos que son, son todos os que están. Porque todas as ideas que inclúe este catálogo teñen unha cousa en común: a lingua galega.

A personaxe mítica do Nadal galego que lle trae agasallos aos nenos e ás nenas, o Apalpador, fala galego e dispón de todos os agasallos que aparecen na guía. Ao Papá Noel e mais aos Reis Magos, que falan todas as linguas do mundo, failles tamén moita ilusión que en cada lugar se fale e apoie a lingua propia e que, polo tanto, apoiemos os produtos e creacións en galego.

Por estas razóns, desde a Deputación da Coruña, desde a CTNL e desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña se quere contribuír a visibilizar a lingua galega e a recomendar os agasallos que a usan, que son moitos, e dos que na guía figuran algúns.

Así, quérese contribuír a difundir socialmente os produtos de agasallo en galego de todo tipo e para todas as idades; a promocionar os produtos culturais e, polo tanto e ao mesmo tempo, a promocionar a nosa música, a literatura, o cinema, etc. Deste xeito procúranse aproveitar as festas do Nadal para promocionar a lingua galega para contribuír a que estea presente na vida social cotiá e no lecer.

Do catálogo Agasallo editáronse 45.000 exemplares, que son distribuídos principalmente a través dos 46 servizos de normalización lingüística (SNL) que existen nos diversos concellos da provincia. Tamén está dispoñíbel a través do enderezo web www.agasallo.eu.

O SNL da Baña distribúe 350 exemplares entre os diferentes centros de ensino e espazos públicos municipais.

www.agasallo.eu

A Secretaría Xeral de Política Lingüística intenta promover a lingua galega entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos a través do programa Bocaberta.

Nesta ocasión e dentro deste programa de dinamización lingüística, Tambre presenta no CPI San Vicente, en colaboración co Concello da Baña, o obradoiro teatral Bolboretas no papel, hoxe 15 de novembro ás 9.30 h.

Este obradoiro vai dirixido a nenos e a nenas do primeiro ciclo de primaria.

XORNADAS LÚDICO INFORMATIVAS ENTRE EMIGRANTES E ASOCIACIÓNS

Información e inscrición: Departamento de Servizos Sociais ou na Concellaría de Cultura e Servizos Sociais

Teléfonos: 981 817 609 ou 981 886 501, Ext. 4

ORGANIZA: Concello da Baña. Departamento de Servizos Sociais

COLABORA: Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaria Xeral da Emigración

Ficheiros: 

XORNADAS_LUDICO_INFORMATIVAS_ENTRE_EMIGRANTES_E_ASOCIACIONS.pdf

ANÍMATE NA BAÑA

XIMNASIA DE MANTEMENTO POLAS PARROQUIAS

- SUEVOS: mércores, de 18.15 a 19.15 h no Local Social

- O BARRO: mércores, de 19.30 a 20.30 h no Local Social

- BARCALA: xoves, de 18.15 a 19.15 h no Local Social

- CORNEIRA: xoves, de 19.30 a 20.30 h na Escola Unitaria

- FIOPÁNS: venres, de 17.15 a 18.15 h no Local Social

- MONTE: venres, de 18.45 a 19.45 h no Local Social

PREZO DA ACTIVIDADE: 25€/CURSO

AS ACTIVIDADES COMENZARÁN O 17 DE NOVEMBRO

INSCRICIÓN: Concellaría de Cultura ou no teléfono 981 886 501, ext.4.

Ficheiros: 

Deporte_polas_parroquias.pdf