O alumnado de secundaria do CPI San Vicente, con motivo do día dos namorados, está creando SMS amorosos nas clases de lingua galega para participar na actividade Declárate cun SMS amoroso que lle oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña.

Será o mesmo alumnado o que seleccionará os tres mellores. Os/As que resulten agraciados/as recibirán cadanseu bolígrafo para que non deixen de declararse durante o resto do ano.

Marcos Manteiga de El Correo Gallego recolle esta proposta de normalización o xoves, 3 de febreiro de 2011 na edición de Santiago.

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/alumnos-baneses-compiten-san-valentin-via-sms/idEdicion-2011-02-03/idNoticia-636039/

O alumnado do CPI San Vicente escolleu como mellores os seguintes SMS:

Lidia Paramos Torreira: " O teu sorriso namórame día a día , noite a noite, momento a momento, porque o teu sorriso consegue todo de min.

 Nuria Rodríguez Gómez: " As vintecatro horas do día eu pásoas así: 9 soñando contigo e 15 pensando en ti"

Nerea Mayo Paredes: " Quererasme? Non o sei. Pregúntocho? Non me atrevo. Por que? Non o sei. Quererasme? Pregúntomo todas as noites. Pensarás o mesmo? Quen sabe? Quérote".

E elixiu como finalistas a Manuel Rey Trillo:" Miña nena, cando estou contigo pásame a dor de cabeza. . Es a mellor!"

 e a Noelia Ferreiro Vieito: " Ola amor, non fago máis que pensar en ti. Cada hora que paso sen ti fáiseme o día noite. Oxalá puidesemos pasar o resto das nosas vidas xuntos. Quérote"

Ficheiros: 

Declarate_cun_SMS_amoroso.pdf

Xoves, 3 de febreiro ás 18:00 h

Local Social e da Terceira Idade

ORGANIZA:

- Oficina de Coordinación de Trasplantes de Galicia

- Concello da Baña

ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA

CURSOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vaille solicitar un curso de lingua galega (CELGA) á Secretaría Xeral de Política Lingüística para persoas adultas.

Inscrición

Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse no teléfono do Concello 981 886 501 no SNL ou a través do correo electrónicoEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 24 de febreiro en horario de oficina.

Admisión e prazas

O curso ten un límite de 30 prazas.

As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.

A listaxe de persoas admitidas e excluídas poderán consultala a partir do 24 de febreiro no taboleiro de anuncios do Concello ou na páxina webwww.concellodeabana.es .

A Baña, 20 de xaneiro de 2011

O alcalde

José Andrés García Cardeso

 

Persoas destinatarias

Todas aquelas persoas con ganas de ler, facer amigos e falar en galego coa escusa dunha lectura interesante.

Obxectivos

1. Fomentar o hábito da lectura e o diálogo en galego.

2. Compartir a lectura individual con outras persoas.

3. Enriquecer a impresión inicial que cada quen saca lendo en solitario.

4. Promover o uso da biblioteca municipal.

5. Ofertar unha actividade para o tempo de lecer.

 

Funcionamento

1. As persoas participantes lerán ao mesmo tempo na súa casa un libro escrito ou traducido ao galego. 

2. Unha vez ao mes haberá unha reunión para comentar o libro: estilo literario, personaxes, acción, tema… 

3. Calquera das persoas participantes pode asistir ás reunións aínda que non rematase de ler o libro. 

4. Ninguén dos/as integrantes do club está obrigado/a a intervir forzosamente nos debates nin a ler en voz alta nas sesións. 

5. Os/As membros do club non teñen ningunha obriga de mercar libros nin de pagar cota por pertencer ao club. 

6. O club contará cun coordinador ou cunha coordinadora que moderará as reunións entre outras funcións. 

7. Sempre que se poida, o club aproveitará para ver películas baseadas nas obras de lectura e para programar actividades complementarias.

 

Horario e localización

As reunións realizaranse na sala de lectura da Biblioteca Municipal os mércores de 16.00 a 17.00 h.

A primeira sesión terá lugar o próximo día 2 de febreiro de 2011.

 

Participación

Quen estea interesado/a pode inscribirse na casa do concello, no Servizo de Normalización Lingüística, en horario de atención ao público (de 9.00 a 14.00 h), no teléfono do concello 981 886 501 ou enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2011.

Enlaces:

www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/123767c656ff3ff8c125781c004dd53a/$FILE/01200D005P032.PDF