O Concello da Baña vai a poñer a disposición dos/as veciños/as do Concello da Baña un servizo técnico para facilitar información sobre a notificación recibida polos/as interesados/as, tanto no relativo aos datos catastrales como aos tributarios, facilitando para a presentación das reclamacións, impresos adecuados por parte da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia, para a súa correspondente tramitación e resolución.

DESTINATARIOS/AS: Veciños/as que recibirán a notificación de catastro

DÍAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO TÉCNICO: 15, 16, 17, 18 e 19 de febreiro

HORARIO: 9.00 a 15.00 horas

LUGAR: Centro Social e da Terceira. Planta baixa

Chega á Baña unha nova actividade de FalaRedes; Santi Prego será o encargado de levar adiante un contacontos para público de calquera idade, ás 20.00 horas, no centro social do Concello da Baña. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Esta actividade ten como obxectivos principais incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega e espallar o traballo dos artistas que realizan as súas actividades en galego.

Ficheiros: 

Curso_de_gaita_2015-16.pdf

FICHA_DE_INSCRICION_GAITA.pdf

Ficheiros: 

Pandeireta_01.pdf

FICHA_DE_INSCRICION_PANDEIRETA.pdf

O Concello da Baña beneficiarase a partir do vindeiro luns dos descontos do Plan de Transporte Metropolitano de Santiago.

As tarxetas de transporte metropolitano estarán disponibles nas oficinas deAbanca do noso municipio, ou en calquera outra onde esté implantada este servizo.

Con este novo paso ultímase o dispositivo para a posta en marcha do programa de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia. Os dispositivos de pago, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentando o DNI, funcionando como tarxetas moedeiro que deberán recargarse na oficinas ou caixeiros.

As persoas usuarias deste servizo acadarán descontos de entre o 30 e o 50%, onde no caso da Baña será dun 40% máis os trasbordos no urbano gratuítos.

O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, tmg.cmati.xunta.es , ofrece unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

Calquera dúbida ou para máis información, estaremos a súa disposición no Concello da Baña ou no teléfono 981 886 501.

HORARIOS DO SERVIZO DE AUTOBUSES: http://www.grupoferrin.com/descargas.aspx

Ficheiros: 

BANDO_INFORMATIVO_SOBRE_O_TRANSPORTE_METROPOLITANO.pdf