imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 468

Chega á Baña unha nova actividade de FalaRedes; Santi Prego será o encargado de levar adiante un contacontos para público de calquera idade, ás 20.00 horas, no centro social do Concello da Baña. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Esta actividade ten como obxectivos principais incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega e espallar o traballo dos artistas que realizan as súas actividades en galego.