imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 1119

Este venres, 21 de agosto, os nenos e as nenas que participan no Campamento urbano 2015 na Agra de Chans culminaron esta semana dedicada ao teatro coa escenificación dunha adaptación do conto de Brancaneves. O conto requiría de pequenos cambios para poder ser representada por todos e todas. Como innovación, Brancaneves é a encargada de salvar o príncipe coa axuda dos ananos. O vestiario foi confeccionado en pequenos talleres de manualidades durante as mañás do mes de agosto.