Queres colaborar como voluntario/a no teu concello durante o verán?

O CONCELLO DA BAÑA BUSCA 8 VOLUNTARIOS/AS PARA APOIAR AS ACTIVIDADES DO CAMPAMENTO URBANO DOS MESES DE XULLO E AGOSTO DE 2015

Ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2015 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, o Concello da Baña selecciona 8 voluntarios/as para apoiar as actividades do Campamento urbano nos meses de xullo e agosto do 2015.

Despois do éxito da experiencia do ano 2014, animamos ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade, empadroadas/os no Concello da Baña, a que participen neste proxecto relacionado co tempo libre e que favorece a conciliación da vida familiar e laboral da veciñanza.

Cada participante obterá unha dotación de 6 euros por día que exerza como voluntaria/o  para gastos de manutención e transporte (cun mínimo de 6 horas ao día e por un total de 60 días). Durante o tempo de execución do proxecto, as persoas voluntarias terán cobertura do seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Ao finalizaren os proxectos, as persoas voluntarias que participen neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria des­envolvida.

As persoas voluntarias que concorresen á mesma convocatoria en anos anteriores non poderán volver a participar.

 Valorarase ter formación ou coñecementos no ámbito relacionado coa actividade.

As persoas interesadas deberán cubrir a SOLICITUDE e entregala no concello,  ata o venres 8 de maio de 2015, xunto cunha copia do DNI a través das seguintes vías:

§    Por correo electrónico, no enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.                  (Indicarase no asunto: Voluntariado na Baña).

§    Persoalmente nos Departamentos de Cultura e/ou Emprego do Concello da Baña                                            (na planta alta).

§    No caso dos/as menores de idade, será preciso achegar tamén copia do DNI e autorización do/a pai/nai/titor/a legal.

Máis información nos teléfonos: 981 886 501 – 607 721 711

Ficheiros: 

Solicitude_Voluntariado_no_Concello_da_Bana_2015.pdf