A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no DOG núm. 48 do 11.03.2014 a Resolución do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014 (ED114A).

Persoas destinatarias

Poderán presentarse as persoas nacionais ou estranxeiras maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais de 2014

Datas de realización das probas

Celga 4: 14 de xuño de 2014

Celga 2: 15 de xuño de 2014

Celga 3: 21 de xuño de 2014

Celga 1: 22 de xuño de 2014

Lugares onde se van realizar

Probas Celga Nivel

Galicia

Santiago de Compostela Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
A Coruña   Celga 2 Celga 3 Celga 3
Lugo   Celga 2 Celga 3 Celga 4
Ourense   Celga 2 Celga 3 Celga 4
Vigo   Celga 2 Celga 3 Celga 4

España

Barcelona Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
Madrid Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4
Ponferrada Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deben presentar a solicitude modelo xunto co xustificante de pagamento da taxa (15,61€) por dereitos de exame.

Prazo

O prazo para presentar a solicitude e aboar a taxa será desde o 12 de marzo ata o 11 de abril (inclusive).

Contía da taxa

O importe da taxe para inscribirse será de 15,61 €.

Máis información

http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Convocatoria_probas_galego_2014.pdf