A exposición dos carteis sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013, pode ser visitada na casa da cultura do Concello da Baña en horario de 17.00 a 20.00 h de luns a venres.

Esta exposición, que ideou e elaborou a Asociación Roberto Vidal Bolaño, é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e responde ao desexo de aproximar a súa vida e a súa obra á sociedade galega a través de materiais didácticos.