Autor: Francisco Castro
Título: Un bosque cheo de faias
Data de lectura:

outubro-novembro de 2012

Resumo:

Un bosque cheo de faias recrea o mundo da violencia neonazi. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade. Mais axiña ha centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de quince anos que só desexa ter unha vida normal.

Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ao abuso e así rematar coa persecución e coa intolerancia que pesa sobre el.

Unha historia de amizade, de loita, de intriga e de equívocos fatais.”

(Editorial Everest Galicia)

Autor: Marcos S. Calveiro
Título: O carteiro de Bagdad
Data de lectura:

outubro-novembro de 2012

Resumo:

“Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.”

(Tambre)

Na próxima sesión que será o 18 de decembro de 2012 en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre os libros e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).