Autor: Rosa Aneiros
Título: Resistencia
Data de lectura:

xullo, agosto de 2012

Resumo:

Resistencia é unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa de man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio. Para os protagonistas, a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Dinís, un obreiro da fábrica de vidro Irmãos Stephen, e Filipa, filla dun rico comerciante de Coímbra, namoraron perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar aos designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis.”

(Edicións Xerais de Galicia)

Na próxima sesión que será o 5 de setembro de 2012 en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).