BASES

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que redactar unha noticia, unha editorial, unha crónica, unha reportaxe, unha entrevista, un artigo de opinión… calquera texto orixinal que pertenza ao xénero periodístico.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa redacción no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en   lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade...

QUINTA. As redaccións estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as redaccións nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas polos/as participantes nas aulas.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de libros que se repartirá entre as persoas gañadoras.

NOVENA. Os/As gañadores/as do concurso autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome, o seu traballo e a súa imaxe con fins informativos en relación con este concurso.

DÉCIMA. As persoas participantes poderán presentar ata un máximo dunha redacción por mes desde este momento ata final do curso académico 2011/12.

Ficheiros: 

Correspondentes_desde_A_Bana.pdf