imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 789
Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Título: Millo verde
Data de lectura:

setembro de 2011

Resumo:

“Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade.

Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Como era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais ¿por que?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.

Millo verde ten un sorprendente e inesperado desenlace, mais isto non mitiga o drama social que na novela se presenta con toda a crueldade e que marca o fogo e para sempre a vida dos personaxes.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   

Na próxima sesión que será o 5 de outubro de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).