imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 848
Autor: Domingo Villar
Título: A praia dos afogados
Data de lectura:

xullo de 2011

Resumo:

“Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar (Vigo, 1971) volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.”

(Editorial Galaxia)

   

Na próxima sesión que será o 17 de agosto de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).