imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 951

O SNL do Concello da Baña en colaboración co CPI San Vicente organiza para o Día das Letras Galegas a actividade Epitafios in memoriam de Lois Pereiro.

Esta actividade consiste en que o alumnado de secundaria do CPI San Vicente compoña epitafios para a tumba de Lois Pereiro, escritor homenaxeado este ano.

Posteriormente, o alumnado recitará os epitafios o 18 de maio, no cemiterio parroquial de San Vicente.

Deste modo preténdese fomentar o interese pola figura e a obra de Lois Pereiro, potenciar a creatividade en galego e conmemorar o Día das Letras Galegas.

Ficheiros: 

Epitafios_in_memoriam_de_Lois_Pereiro.pdf