A BAÑA COAS TIC

BLOGALÍZATE NA BAÑA

Blogs e páxinas web en galego que pagan a pena

 

BASES

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escoller o seu blog ou páxina web preferida en galego.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa escolla no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade...

 QUINTA. As escollas estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as escollas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas ao chou de entre todas as participantes.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de cinco USB que se repartirán entre as persoas gañadoras.

NOVENA. O sorteo será público e realizarase o día 17 de decembro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.

DÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.

UNDÉCIMA. O nome das persoas gañadoras publicarase na páxina web do Concello da Baña e na do CPI San Vicente.

DUODÉCIMA. Poderán ser excluídas aquelas propostas que non resulten atractivas, interesantes e orixinais.

DÉCIMO TERCEIRA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.

CONTACTO

Tel.: 981 886 501

Fax: 981 886 616

Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Departamento de Lingua Galega

do CPI San Vicente