imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 507

Os nenos e as nenas da Baña están a gozar do campamento urbano Deica logo verán na área recreativa Agra de Chans en horario de 10.00 a 13.30 h.

A rapazada está aproveitando estes días de lecer para, entre moitas outras actividades, aprender a xogar ao golf.

Este campamento urbano, que oferta a Concellaría de Educación dentro do Programa de apertura de centros, comezou o 30 de agosto e rematará o próximo 3 de setembro.