CAMPAMENTO URBANO DEICA LOGO VERÁN

O Concello da Baña dentro das actividades do Programa de apertura de centros vai  realizar un campamento urbano para nenos e nenas a partir de 3 anos, no que tamén poderán participar as súas familias do día 30 de agosto ao 3 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 horas na área recreativa Agra de Chans.

O prazo de inscrición é do 31 de xullo ao 25 de agosto, no departamento de Servizos Sociais (educadora familiar) en horario de 9.00 a 14.00 horas.

É imprescindible para participar estar inscrito no campamento.

Todos/as os/as participantes deberán levar roupa e calzado cómodo, unha gorra, protección solar e a merenda.

Para máis información:

www.concellodeabana.es

ou no teléfono 981 886 501 (Patricia, educadora familiar)

 

Ficheiros: 

Autorizacion.pdf

Ficha_de_inscricion.pdf

Deica_logo_veran.pdf