imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 344

BASES DO SORTEO DAS CARTAS AOS REIS MAGOS

O Concello da Baña, con motivo do Nadal, vai sortear nove libros escritos en galego entre os/as nenos/as do concello.

O sorteo rexerase polas seguintes bases:

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que non superen os 12 anos.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escribir unha carta e depositala, antes do 6 de xaneiro de 2010, na caixa do correo dos Reis Magos que para tal fin foi depositada polo carteiro real na entrada do concello.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán utilizar o modelo de carta publicado na páxina webwww.concellodeabana.es e que tamén está á súa disposición na casa do concello e nas escolas.

CUARTA. As cartas deberán estar escritas en galego.

QUINTA. Non haberá un límite máximo nin mínimo para a extensión das cartas.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as cartas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As cartas serán escollidas ao chou de entre todas as depositadas na caixa que para tal fin se acha no concello.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de nove libros que se distribuirán en tres categorías:

NOVENA. Extraeranse cartas ao azar ata acadar tres nenos/as por cada categoría.

DÉCIMA. O sorteo será público e realizarase o día 11 de xaneiro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.

UNDÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.

DUODÉCIMA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.

A Baña, 18 de decembro de 2009

O alcalde

José Andrés García Cardeso