imprimir
Categoría: avisos
Visitas: 1907

Información Pública. Aprobación inicial modificación do PXOM.

Aprobada inicialmente a Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na Rúa Camiño de Monelos por Acordo do Pleno de 24 de maio de 2017, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia sométese a información pública polo prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste Diario Oficial.

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará a disposición na sede electrónica deste Concello www.concellodabana.gal

Conforme ao establecido polo artigo 47.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial determina a suspensión de outorgamento de licenzas na área que se corresponde cos terreos delimitados nos planos de clasificación C-00 (e:1/20.000) e C-10 (e:1/5.000), e nos planos de cualificación C-U (e: 1/2.000) e C-U (e: 1/500) do documento técnico aprobado.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, a contar desde a data de aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

A Baña, 12 de febreiro de 2018. O alcalde

Attachments:
Download this file (01Aprobacioninicial.pdf)01 Aprobación inicial.pdf[05-03-18]64 kB
Download this file (02Anuncioprensa.pdf)02 Anuncio prensa.pdf[05-03-18]143 kB
Download this file (03AnuncioDOG.pdf)03 Anuncio DOG.pdf[05-03-18]50 kB
Download this file (ANUNCIO.pdf)Anuncio público 12/2/2018[12-02-18]55 kB
Download this file (BA_MP2_memoria.pdf)Memoria: MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM NA RÚA CAMIÑO DE MONELOS[19-02-18]6818 kB
Download this file (I-Estado-Actual-optimizado.pdf)PXOM - Planos estado actual[9 planos nos que se pode ver o estado actual sobre os planos - 19-02-18]10103 kB
Download this file (MP-Estado-Modificado-optimizado.pdf)PXOM - Planos coas modificacións[8 planos coas modificacións sobre os planos - 19-02-18]9378 kB