ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL

O Concello da Baña anuncia a contratación dun/dunha monitor/a de ingléspara cubrir o cadro de persoal por obra ou servizo.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas dispoñen de cinco días naturais que hai que contar a partir do seguinte ao de que se publique no periódico para presentar as solicitudes no Rexistro Xeral da casa do concello.

Requisitos

Serán requisitos mínimos de todas as persoas aspirantes os recollidos na base 2.ª da convocatoria. Coa solicitude hai que achegar a seguinte documentación:

-        Fotocopia do DNI.

-       Documentación que acredite os requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

A Baña, 10 de agosto de 2010

O alcalde

José Andrés García Cardeso

 

Ficheiros: 

Anuncio_de_contratacion.pdf

Bases_da_contratacion.pdf

Solicitude.pdf