20180622 venecia

Convocatoria de Prazas para asistir a un Intercambio Xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén o Concello da Baña con distainas entidades doutros países

 

Obxectivo: Facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal da mocidade

 

Datas de realización do intercambio: do 2 ao 9 de setembro de  2018. 

 

Número de prazas: 10 (acompañados/as de varios coordinadores).

 

Lugar de realización do intercambio: na cidade de Venecia (Italia).

Persoas destinatarias: mozos e mozas residentes na Baña con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio. Os/as menores de 18 anos poderán participar co permiso do pai/da nai/ ou titor/a legal.

 

Prazo de inscrición: do 21 ao 28 de xuño de 2018.

 

Fai click aquí para cubrir o FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Cobertura do intercambio:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

  • Transporte local no ámbito do intercambio.

  • Actividades organizadas pola entidade de acollida: Coñecemento da entidade.

  • Percorrido cultural polos principais monumentos e museos de Venecia etc.

 

Serán a cargo do/a participante:

  • Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercambio.
  • A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a realización do intercambio.

 

Recomendación do aeroporto máis cercano: 

  • Aeroporto Internacional Marco Polo.
  • Aeroporto de Venecia-Treviso (TSF).

 

Inscrición: mediante envío do formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.

Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da mesma.

 

Admisión: no caso de haber máis solicitantes que prazas dispoñibles realizarase un sorteo público.

Realizarase unha lista de agarda para os casos de renuncia á praza.

As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza antes do día 30 de xuño (inclusive), entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

 

Confirmada a praza, nos 5 días (naturais) seguintes, as persoas seleccionadas deberán remitir a documentación que a continuación se indica ao correo  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando no asunto: documentación para intercambio a Venecia 2018:

  • Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata o aeroporto máis próximo da cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo.

  • Unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea.

  • Copia do DNI.

 

A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De darse baixas despois de ter sido adxudicadas as prazas, ofertaránselle ás seguintes persoas da lista de espera, tendo que presentar estas os billetes e a documentación nos 3 días (naturais) seguintes da comunicación.

No suposto caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado con posterioridade á súa remisión, anulará a praza e será considerada non adxudicada.

Recibida correctamente a documentación, convocarase ás  persoas seleccionadas a unha reunión informativa complementaria sobre o intercambio, do lugar e a hora de encontro e o nome do aloxamento de celebración do mesmo.

Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade máis unha das prazas convocadas.