Imprimir
Categoría: novas
Visto: 1084

Un ano máis, o venres día 5 de xaneiro, a chegada das SS.MM. os Reis Magos de Oriente é a cita máis esperada polos nenos e nenas ao longo de todo o ano.

Comezaremos no local social (Escolas Vellas) coa actuación do ilusionista Martín Camiña co seu espectáculo de maxia e humor, música, manipulación de cartas, cordas...

A continuación chegará o momento máis esperado da noite máis máxica do ano, a noite da ilusión, e dende as máis afastadas terras de Oriente, alá onde os soños se converten en realidade, os Reis Magos viaxan cun cargamento de agasallos e caramelos.

Para rematar, no Centro social e da terceira idade serviremos chocolate quente con rosca da Baña para todas as persoas asistentes.