20190209 centenaria Elisa Forjan Silva web

O clube de cententarios e centenarias da Baña conta dende onte cunha nova integrante. Elisa Forján Silva cumpriu cen anos na súa casa de Duomes de Abaixo, na parroquia de San Mamede do Monte. Por este motivo recibiu a visita do alcalde, Andrés García Cardeso, e da concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco, que a agasallaron cun ramo de flores e unha réplica en bronce da casa consistorial.

Elisa Forján ten cinco fillos, unha delas, María Carmen Giraut Forján, foi médico e concelleira durante varias lexislaturas na Baña, e outro retornou de Venezuela, onde estivo emigrando varios anos. Vive en Duomes coa súa filla Generosa, onde goza cos seus nove bisnetos. Elisa forma parte dunha familia moi lonxeva, pois dous dos seus irmáns xa superan os 90 anos.