16 de xullo de 2020
Fanse públicas as bases para a contratación dun/ha socorrista na campaña de verán 2020, ao abeiro do Programa de subvencións dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2020 da Deputación Provincial da Coruña.
O período de contratación é de dous meses e medio.
O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro martes 21 de xullo, ás 13.30 horas.
As bases pódense consultar no documento adxunto.