20190704 Cartel Campamento VeránO vindeiro luns, 8 de xullo, abre o prazo de inscrición para asistir ao campamento de verán en Cabana de Bergantiños, organizado polo Concello da Baña. Un total de 40 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, poderán participar nesta actividade, que se desenvolverá na semana do 29 de xullo ao 4 de agosto no albergue desta localidade da Costa da Morte. As prazas outorgaranse por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas ou pertencentes a unha unidade familiar empadroada no Concello da Baña.

Os interesados en participar deberán inscribirse antes do 17 de xullo no Concello da Baña e aboar o prezo da inscrición, que é de 100 euros polo primeiro fillo, 75€ polo segundo e 50€ polo terceiro e sucesivos. Inclúe transporte, estadía e manutención en albergue, así como os gastos que ocasionen as actividades programadas.

A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto a esta nova.