Imprimir
Categoría: Turismo
Visto: 523

20220528 Segunda etapa Camiño Santiago Muxia por Brandomil chegada ponte brandomil

O Concello da Baña organizou o pasado sábado, 28 de maio, unha andaina que tivo por obxecto potenciar e reivindicar o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil ao seu paso polo municipio bañense. É fíxoa coincidir precisamente coa 2ª etapa da andaina do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, organizada polo Concello de Zas; etapa que, partindo de Negreira, transcorreu un bo tramo polo municipio da Baña ata a súa chegada á ponte de Brandomil, xa no concello de Zas. En concreto, os lugares bañenses polos que transita esta antiga ruta peregrina son San Cibrán, Barcala, Ordoeste, Corneira e A Riba.

20220528 Segunda etapa Camiño Santiago Muxia por Brandomil ao seu paso por A BañaAo redor dunha ducia de bañenses sumáronse á veciñanza de Zas que está a percorrer as catro etapas desta ruta (de 86 quilómetros en total) ao obxecto de apoiar e reivindicar a oficialidade deste Camiño como ruta posxacobea. Unha ruta histórica, que cómpre subliñar, foi escollida antigamente por milleiros de peregrinos como un dos camiños máis directos entre Compostela e Muxía.

Así, os camiñantes percorreron un total de 25,4 quilómetros a máis de 30 grados de temperatura e en pouco máis de cinco horas.

O Concello da Baña quere agradecer ao Concello de Zas, á Fundación Brandomil e a Protección Civil de Zas a súa colaboración e a súa implicación. Tamén fai extensivo o seu agradecemento ao supermercado Claudio da Baña que contribuíu ao avituallamento dos participantes bañense na andaina.