Infórmase aos pais, nais e titores do alumnado matriculado anteriormente no Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña que o prazo de renovación de matrícula para o curso 2019/2020 estará aberto entre os vindeiros días 19 e 23 de agosto, ambos incluídos. A documentación a presentar na Concellaría de Cultura e Servizos Sociais da Baña para efectuar a inscrición é a seguinte:

  • Declaración renda do 2018
  • 3 fotos recentes
  • Fotocopia libro de vacinas

 

20190731 Entrega Diplomas Campamento A Baña

O campamento lúdico-deportivo da Baña, que se celebrou durante o mes de xullo, rematou esta mañá cunha divertida xornada de troula para a cativada. Onte, día 30, os nenos e nenas  gozaron cunha festa de escuma e inchables na área recreativa de Chans, mais o prato forte chegou hoxe coa actuación de Xoán Curiel, músico da Fonsagrada. A concelleira Mónica González Blanco aproveitou a ocasión para repartir xunto co equipo de monitores os diplomas do curso de natación.

O campamento lúdico-deportivo 2019 do Concello da Baña puxo hoxe punto e final a todo un mes de diversión xunto á cativada do municipio. Xoán Curiel, cantante e compositor recoñecido internacionalmente e con moitos premios as súas costas pola orixinalidade dos seus temas, compartiu o seu fabuloso espectáculo con todos e todas as participantes desta edición do campamento. 

Antes de todo, Mónica González Blanco, concelleira de Educación, Cultura, Servicios Sociais e Deportes, repartiu xunto cos monitores e monitoras da actividade os diplomas do curso de natación que recibiron os cativos durante o campamento. 

Estas dúas xornadas pecharon o campamento lúdico-deportivo, organizado polo Concello da Baña e que reuniu a 60 nenas e nenos maiores de 4 anos durante todo o mes de xullo. As actividades continúan agora co campamento urbano, destinado á cativada maior de 3 anos e que se celebrará no mes de agosto.

Album de fotos no facebook do Concello da Baña (neste enlace).

20190731 Actuacion Xoan Curiel A Baña

20190729 PAI

O Concello da Baña abriu un novo prazo de preinscrición para cubrir as tres prazas que quedaron vacantes no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña, unha vez que rematou a primeira período de matriculación para o curso 2019-2020. Tras recoller as solicitudes e documentación pertinente, o Concello fai pública a listaxe definitiva de alumnado admitido nesta convocatoria extraordinaria que se abreu ante a oferta de prazas vacantes.

20190729 Campamento Cabana Bergantiños

Un grupo de nenos e nenas de Baña de entre 8 e 16 anos partiron esta mañá para Cabana de Bergantiños, onde pasarán ata o domingo gozan do campamento de verán que organiza o Concello da Baña. A comitiva regresará o vindeiro domingo.

20190412 PAI

Chegan as vacacións e as despedidas de verán para todos, mesmo para a cativada. Neste caso, os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña din adeus ao curso escolar 2018/2019 cunha festa e coa actuación de Fabaloba o mércores 31 de xullo.

Despois de toda unha tempada medrando xuntos, as alumnas e alumnos do PAI, rapazada entre 3 meses de idade e 3 anos, rematan cunha gran merendola para pasar os últimos momentos xuntos na escola antes das vacacións. Ademais poderán gozar con Fabaloba, que levará a cabo o seu taller ‘A casa encantada de Alí’, no que achegan cancións, xogos e contos infantís en galego. Toda unha divertida experiencia na que tamén poden participar as familias das nenas e nenos.

Ademais aínda continúa aberto o prazo para inscribirse no curso 2019/2020 do PAI da Baña. Os interesados deberán presentar a documentación na Concellaría de Cultura e Servizos Sociais antes do venres 26 ás 14.00 horas. Máis información sobre a inscrición premendo no enlace.