cartel concursoO proxecto “A Baña dixital” organiza un concurso de fotografía e vídeo dirixido a persoas de entre 14 e 30 anos. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 imaxes e un vídeo de 30 segundos, que teñen como requisitos fundamentais que sexan orixinais, tomadas en calquera punto do Concello da Baña e relacionadas co seu patrimonio cultural, ou paisaxístico. Os materiais que se presenten deben ser entregados no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata o 14 de outubro.

O material audiovisual que se presente pode obterse a través de calquera dispositivo (móbil, cámara...), debe ser tomado nalgún lugar da Baña e estar relacionado co seu patrimonio cultural, ou paisaxístico. Un grupo de profesionais de recoñecido prestixio escollerán un único gañador/a entre todas a fotos e vídeos, quen recibirá 100 euros en calidade de premio. Para o dito galardón poderase ter en conta tanto imaxes individuais coma series.

As imaxes e vídeos deben ser enviados por mail antes das 12.00 horas do día 14 de outubro de 2019 ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Os vídeos e fotografías remitidos deberán incluír nome completo, lugar de residencia, teléfono e copia do DNI. No caso dos menores de idade deberá achegarse tamén a autorización e DNI da nai, pai ou titor/a legal.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 981 886 501.

As bases do concurso atópanse no arquivo adxunto.