26 de xullo de 2021

Faise pública a listaxe definitiva de nenas e nenos admitidos para participar durante o mes de agosto no Campamento de Verán que organiza o Concello da Baña co obxecto de facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

12 de xullo de 2021

Faise pública a listaxe provisional de nenas e nenos admitidos para participar durante o mes de agosto no Campamento de Verán que organiza o Concello da Baña co obxecto de facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

25 de xuño de 2021

Faise pública a listaxe definitiva de nenas e nenos admitidos para participar na quenda do MES DE XULLO do Campamento de Verán que organiza o Concello da Baña co obxecto de facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

21 de xuño de 2021

Faise pública a lixtase de persoas admitidas, aquelas que teñen pendente de completar documentación e as que quedan en lista de agarda para participar no MES DE XULLO no Campamento de Verán que organiza o Concello da Baña.

As persoas que teñen documentación pendente deberán entregala por sede electrónica ou no rexistro do Concello da Baña antes das 23.59 horas do mércores, 23 de xuño.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

 

10 de xuño de 2021

O Concello da Baña renova a súa aposta pola conciliación familiar coa posta en marcha do Campamento de Verán 2021, do que este ano poderán beneficiarse ata 50 nenos e nenas. Esta actividade pretende facilitar solucións durante as vacacións estivais, ao tempo que ofrece unha alternativa lúdica para o tempo libre dos escolares de 4 ata 14 anos. A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto.

Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse as actividades na área recreativa Agra de Chans, dirixidas a nenos e nenas escolarizados de 4 anos (cumpridos durante o 2021) ata os 14 anos. O horario vai das 8.30 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Canto aos criterios de admisión, na adxudicación de prazas priorizaranse aquelas crianzas empadroadas na Baña cuxas familias acrediten a necesidade de conciliación. En segundo lugar, valoraranse aquelas familias que non estando empadroadas na Baña si teñan o seu lugar de traballo neste concello e/ou un menor escolarizado no municipio. Por último, obterán praza os nenos e nenas que non estando nos supostos anteriores precisen conciliación familiar.

O prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2021 abre o vindeiro luns, 14 de xuño, e ata o venres 18 de xuño. A ficha de inscrición pódese descargar no arquivo adxunto para cubrir, e formalizala despois no rexistro do Concello ou por sede electrónica.

O custe do campamento é de 40 €/mes por neno/a e de 30 €/mes por irmán/a, no caso de estaren empadroados na Baña; no resto de casos o custo ascende a 75 €/mes por neno/a e 56 €/mes por segunda crianza. Existe tamén a posibilidade de participar por quincenas, cuns prezos de 25 € por neno/a e de 19 € por irmán/á para empadroados; e de 40 € por neno/a e de 30 € por irmán/á para non empadroados.

O pagamento da cota realizarase unha vez confirmada a praza, entre o 21 e o 25 de xuño, nas seguintes contas bancarias:

Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035

Santander: ES26 0238 8191 8806 6000 1061

O Campamento de Verán 2021 está organizado polo Concello da Baña co apoio da Deputación da Coruña.

 

xullo agostocampa novo