O Concello da Baña quere felicitar as festas navideñas coas mellores creacións da súa veciñanza máis nova e anímaa a participar na segunda edicion do Concurso de postais de Nadal en galego.

O concurso está aberto a toda a rapazada que curse na actualidade educación infantil, primaria e secundaria. Para participar, o alumnado interesado terá que presentar un deseño gráfico da súa autoría acompañado dunha felicitación en galego e entregalo antes do 5 de decembro no CPI San Vicente ou na casa do concello, tanto en persoa coma telemáticamente a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Pola parte de atrás da postal, deberán aparecer o nome e apelidos do debuxante, así como o enderezo e un número de teléfono de contacto.

Os traballos poderán realizarse empregando calquera técnica pero sempre terán como o tema o Nadal en galego.

O xurado, formado por persoas da educación, da plástica e da lingua, escollerá aqueles traballos que consideren máis representativos en tres categorías distintas, establecidas segundo a idade dos participantes. Serán as de alumnado infantil, alumnado de primaria e alumnado de secundaria. Os gañadores de cada unha das categorías recibirán un agasallo vencellado ás artes gráficas.

As postais participantes quedarán en poder do Concello da Baña e serán utilizadas para felicitar o Nadal 2020, ademais de poder ser reproducidas ou expostas no tempo e modo que considere oportuno.

Poden consultarse as bases aquí.

Attachments:
Download this file (2020 BASES DO II CONCURSO DE POSTAIS NADAL EN GALEGO.pdf)Bases_II_concurso_postais_nadal[ ]91 kB