Imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visto: 1036

 fanfarra galega web

 

O grupo Brassica Rapa, formado por mulleres que tocan instrumentos de vento e percusión, levarán o seu espectáculo de rúa mesturando música instrumental e vocal con multipercusión, polos lugares de Cabana. Con esta fanfarra galega dá comezo un ciclo de espectáculos culturais que o Concello da Baña levará por diferentes parroquias do municipio para promover a igualdade, e que inclúen actuacións musicais, monólogos, teatro e maxia, entre outros.

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Pacto contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, dende a Concellaría de Cultura da Baña quérese apoiar as asociacións parroquiais para ofrecer espectáculos que axuden a espallar a cultura e fomentar a igualdade nun verán marcado pola pandemia da covid-19. Seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, o alcalde acaba de asinar un bando recomendando suspender as verbenas parroquiais para evitar a propagación do coronavirus.

A veciñanza de Cabanas será a primeira que poderá gozar deste programa. O domingo 19 de xullo, dende as 10.00 horas, este grupo integrado por mulleres e que inclúen no seu repertorio grandes éxitos do pop e da música tradicional galega, ademais de jazz e música reivindicativa, percorrerán os lugares de Guimaráns, A Igrexa e O Pazo. Despois dun pequeno descanso para repoñer forzas, irán ata Cabanas para continuar entretendo a veciñanza coa súa boa música.

Aínda que está pendente de pechar o programa, a seguinte actuación confirmada será o 5 de agosto na Ermida. Ata alí achegarase a compañía de teatroApatacónFaria Díaz e Vero Rilo para rerpesentar a obra ‘Por unha peseta’. 

10 de agosto, no Barro, Paula Carballeira representará o seu espectáculo dirixido para nenos de máis de 4 anos titulado ‘Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras’. O día 22 agosto, en Corneira, FaniTriana levará o seu espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?.

Son algúns dos espectáculos xa confirmados dun programa que se estenderá ata o mes de novembro con espectáculos para todos os públicos.