20191001 FutbolA Deputación da Coruña pon a disposición dos concellos da provincia 1000 entradas para o partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021 que se xogará o vindeiro venres día 4 as 21:30 h, no estadio de Riazor (A Coruña) entre a selección española de fútbol (feminino) e a selección de Acerbaixán (feminino). As ditas entradas poden ser dirixidas en todo caso a colectivos desfavorecidos, ou nenos/as que estean federados/as como practicantes de fútbol base. O desprazamento corre por conta das familias.

Os/as interesados/as na obtención destas entradas, terán que comunicarlle antes do xoves, 3 de outubro, ás 9.30 horas, o número de entradas que precisan ao técnico de deportes do Concello da Baña, Adrián Vázquez Forján a través do enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 886 501.