Imprimir
Categoría: Deportes
Visto: 436

20220604 Festival Escolas Deportivas Municipais Bana 34

O alumnado de patinaxe, expresión corporal e karate das Escolas deportivas municipais da Baña recibiron hoxe numerosos aplausos no festival de fin de curso que ofreceron esta mañá no polideportivo de San Vicenzo. Nenas e nenos fixeron unha exhibición das súas disciplinas, nas que amosaron o que aprenderon durante este ano, mentres recibían os aplausos de familiares e amigos que estaban nas gradas do polideportivo.

20220604 Festival Escolas Deportivas Municipais Bana 36

No festival participou o alumnado de patinaxe artística, tanto os máis novos como as xa veteranas, que realizaron diferentes acrobacias e figuras no polideportivo. Despois foi a quenda do alumnado de expresión corporal e ao de karate.

20220604 Festival Escolas Deportivas Municipais Bana 48

Como recordo desta exhibición, o alcalde e o tenente de alcaldes agasallaron a cada participante cunha gorra e unha mochila de recordo.

Para rematar a xornada, e mentres a maioría da cativada gozada cos hinchables que se instalaron no polideportivo, outros xogaban ao xadrez ou ao tenis de mesa.  Dúas disciplinas ás que tamén se apuntaron algunhas das persoas asistentes a esta xornada festiva.

20220604 Festival Escolas Deportivas Municipais Bana 37

Durante o mes de xuño, continuarán as actividades nas escolas deportivas municipais da Baña. Dende o Concello animaron a todos os nenos e nenas do municipio a volver matricularse no mes de setembro, para seguir facendo deporte e manterse activos.

As Escolas deportivas municipais manteranse con actividade ata o 22 de xuño, parfa compensar o parón provocado pola covid19 durante este curso.

20220604 Festival Escolas Deportivas Municipais Bana 38