20191213 telefono fijo operadorAs continúas solicitudes feitas dende o Concello da Baña para mellorar a cobertura de telefonía na Baña parece que comezan a dar os seus froitos. O alcalde, José Antonio Pereira, ven de asinar un bando solicitando a colaboración da cidadanía para que Movistar poida instalar, nunha primeira. Fase, a fibra óptica no núcleo de San Vicenzo, a capital do concello.

Para poder avanzar neste proceso, e substituír as liñas de cobre ou a ADSL por fibra óptica, que permite velocidades de transmisión de datos moito máis elevadas, Movistar está a despregar a rede de última xeración, e previamente é necesario que os propietarios ou comunidades de propietarios asinen as oportunas autorizacións de instalación.

Desta preinstalación, que non ten coste para a veciñanza, estanse a encargar técnicos da empresa Liteyca, da Coruña, que deben acceder aos inmobles para deixar todo preparado para que sexa factible conectarse máis tarde á fibra óptica,.

O alcalde recórdalle á veciñanza no bando asinado esta mañá que se “trata dunha preinstalación” necesaria para que, nun futuro, os usuarios poidan ter conexión de fibra óptica. Esta operación non terá coste para a veciñanza. Unha vez os edificios estean en condicións, cada persoa contratar pola súa a conexión de fibra óptica directamente coa empresa de telefonía que estime oportuno.