20191017 foto Gañadora Concurso Fotografia fbO proxecto “A Baña Dixital” organizou un concurso de fotografía e vídeo dirixido a persoas de entre 14 e 30 anos, co fin de poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da Baña. Pasado o prazo de presentación de materiais e a posterior reunión dos membros do xurado profesional, a fotografía ‘As bailas do cruce’ fíxose co título de gañadora e co premio de 100 euros.

Javier Iglesias Ramos, Carme Pereiro e Eutropio Rodríguez foron os encargados de xulgar a multitude de imaxes e vídeos que se presentaron nesta primeira edición do concurso, mais fallaron de forma unánime que ‘As bailas do cruce’ tiña que ser a galardonada “porque fala do patrimonio material e inmaterial do municipio, ademais de contar unha historia”. Segundo estes tres expertos en fotografía, “é unha imaxe de grande sensibilidade e de dominio do medio fotográfico, pero sobre todo de moito interés conceptual e teórico lindando xa no campo da arte contemporánea”.

Por iso e pola posta en valor do patrimonio paisaxístico e industrial do Concello da Baña, Uxía, a autora da fotografía, recibirá un premio de 100 euros.