Persoas destinatarias: familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Lugar de celebración: Punto de Atención á Infancia de San Mamede de Monte.

Horario: 1º e 3º venres de cada mes de 17 a 19 horas.

Inscricións: no despacho da educadora familiar, ou chamando ao número de teléfono 608 819 741 (Patricia)

É preciso cubrir ficha de inscrición para poder participar.

Poden consultar o calendario de actividades no documento axunto.

Actividade organizada polo Concello da Baña e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.