• As persoas interesadas deberán solicitar cita previa nos teléfonos municipais para acudir á casa da cultura

 20201130 recurso pe troitomil

O Concello da Baña, como anunciou onte o alcalde no Pleno da Corporación, vaille facilitar asesoramento xurídico a veciñanza sobre o procedemento de exposición pública do parque eólico de Troitomil, que promove a empresa Green Capital Power SL. Este asesoramento vaise efectuar o vindeiro 5 de marzo na casa da cultura

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado venres, 19 de febreiro, o anuncio de exposición pública deste parque eólico. As persoas interesadas teñen 30 días de prazo para presentar alegacións.

O Concello da Baña, como xa adiantou onte o alcalde durante o pleno, pon a disposición da veciñanza un servizo de asesoramento xurídico para resolver dúbidas e facilitar información sobre o dito procedemento.

Este asesoramento xurídico vaise facilitar o vindeiro 5 de marzo, de 09.00 a 14.00 horas, no auditorio da casa de cultura.

Para evitar aglomeracións e cumprir coa normativa sanitaria, as persoas interesadas en ter asesoramento deben solicitar cita previa nos seguintes teléfonos municipais: 981 886 501 ou 981 886 516. Poderán chamar de 08.30 a 14.30 horas.