Xa está á disposición das persoas interesadas en participar nos cursos preparatorios das probas Celga 2014, no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega ), a listaxe de cursos que se impartirán na provincia da Coruña a partir do próximo día 1 de abril entre os que se atopa o que lle corresponde ao Concello da Baña e de Negreira.

Código: CL4201415056022

Lugar: IES Xulián Magariños

Rúa: Castelao s/n

Data de comezo: 1 de abril

Data de remate: 28 de maio

Horario: 19.00-21.00 h

Días: de luns a venres

Todas as persoas que desexen formalizar a súa matrícula  no curso da súa preferencia ata o 30 de marzo de 2014 inclusive poden facelo dirixíndose ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (teléfono de información 981 184 898).

Deberán indicar:

- O nome e os apelidos

- O NIF

- O enderezo electrónico e o teléfono de contacto

- O curso ao que desexa asistir (nivel, centro e localidade)

 

Ficheiros: 

inscricion_cursos_Celga_2014.pdf